NENOS E PAIS DESFRUTAN NO ROCHÓDROMO DO PALOMAR
A ANPA do CEIP Paradai, en colaboración coa Asociación de Clubes de Montaña de Lugo organizaron
este domingo unha actividade de iniciación á escalada para os nenos e pais
do cole que se animaron a asistir.
Ó longo de toda a mañá, tanto maiores como cativos desfrutaron cós xogos que prepararon os monitores dos Clubes de Montaña, como por exemplo o de atopar caramelos agochados nas presas, o de pillar un pano situado a certa altura ou clásico pilla-pilla, pero nun formato máis
vertical do que todos estamos afeitos.
Aínda que a actividade estaba dirixida fundamentalmente ós nenos, que como era de agardar pasárono en grande, os padres e nais non desfrutaron menos que
eles, e algúns mesmo se lanzaron a escalar polas paredes máis desplomadas e difíciles do rochódromo, amosando habilidades que a xuizo dos
monitores no deberían ser desaproveitadas.