A charla-coloquio correu a cargo de Xan Pouliquen, pai de alumnos, enxeñeiro
agrónomo e especialista en medio ambiente e agricultura ecolóxica. Xan
presentou primeiro o grande número de contaminantes químicos que atopamos nas
casas, e as fontes de contaminación: mobles, pinturas, produtos de limpeza,
deterxentes, produtos de aseo, roupa, e, por suposto, alimentos tratados con
pesticidas. Dedicou un tempo a amosar o crecemento das enfermidades ligadas a
estes contaminantes químicos, que están empezando a crecer con gran
velocidade nas sociedades occidentais: cancros, problemas de fertilidade en
mulleres e homes, problemas do sistema inmunitario, cancro de mama, etc... Amosou
que existe en xeral un gran descoñecemento na sociedade sobre o impacto real
destas enfermidades, e mesmo unha certa cegueira dos poderes públicos que non
queren relacionar o incremento destas enfermidades co aumento da presenza de
contaminantes químicos. Tamén amosou en que medida os responsábeis destas
enfermidades, as empresas químicas que os producen, están ocultando o impacto
real dos seus produtos. O debate posterior foi moi animado, con numerosas
preguntas e comentarios por parte do público, composto por unha vintena de asistente,
preocupados pola súa saúde e a dos seus fillos.
Xan tamén indicou que entre as cousas que podemos facer para mitigar os efectos dos contaminantes é colocar certas especies de plantas na casa, como por exemplo: a Aglaonema, a Dieffenbachia (precaución se hai animais e nenos pequenos porque o zume é verinoso), a Araña, as Dracaenas, a Maranta, a Palmera Rhapis, ou Philodendron, etc...
Aquí podedes ver máis imaxes da charla.