lunes, 26 de noviembre de 2012

Resúmen de la charla "Os contaminantes cotiáns e a saúde dos noso fillos"




A charla-coloquio correu a cargo de Xan Pouliquen, pai de alumnos, enxeñeiro agrónomo e especialista en medio ambiente e agricultura ecolóxica. Xan presentou primeiro o grande número de contaminantes químicos que atopamos nas casas, e as fontes de contaminación: mobles, pinturas, produtos de limpeza, deterxentes, produtos de aseo, roupa, e, por suposto, alimentos tratados con pesticidas. Dedicou un tempo a amosar o crecemento das enfermidades ligadas a estes contaminantes químicos, que están empezando a crecer con gran velocidade nas sociedades occidentais: cancros, problemas de fertilidade en mulleres e homes, problemas do sistema inmunitario, cancro de mama, etc... Amosou que existe en xeral un gran descoñecemento na sociedade sobre o impacto real destas enfermidades, e mesmo unha certa cegueira dos poderes públicos que non queren relacionar o incremento destas enfermidades co aumento da presenza de contaminantes químicos. Tamén amosou en que medida os responsábeis destas enfermidades, as empresas químicas que os producen, están ocultando o impacto real dos seus produtos. O debate posterior foi moi animado, con numerosas preguntas e comentarios por parte do público, composto por unha vintena de asistente, preocupados pola súa saúde e a dos seus fillos.
 
Xan tamén indicou que entre as cousas que podemos facer para mitigar os efectos dos contaminantes é colocar certas especies de plantas na casa, como por exemplo: a Aglaonema, a Dieffenbachia (precaución se hai animais e nenos pequenos porque o zume é verinoso), a Araña, as Dracaenas, a Maranta, a Palmera Rhapis, ou Philodendron, etc...
 
Aquí podedes ver máis imaxes da charla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario