domingo, 26 de septiembre de 2010

Saludo

Estimados pais, nais, e alumnos/as deste centro:
A Asociación de Pais de Alumnos/as, a ANPA, diríxese a toda a comunidade educativa para ofrecerlles a súa colaboración na realización de actividades. Cremos que é importante participar e involucrarnos na vida escolar dos nosos fillos, e que a mellor maneira é face-lo desde unha asociación como a ANPA. Esta asociación está aberta a todos os que queiran colaborar co seu tempo e esforzo para mellorar o centro. Para ser socio hai que pagar unha cuota anual por familia, que segue sendo de 15€.
Nestas páxinas atoparedes toda a información sobre a Asociación e as distintas actividades que realizamos, e invitámosvos a formar parte dela, tanto coas vosas achegas, como na toma de decisións. Cada ano ó comenzo do curso celebramos unha Asamblea Xeral Ordinaria aberta a todos os que estean interesados en participar na APA. Tamén podedes consultar os estatutos da Asociación nestas páxinas.
Hai moitas razóns para ser socio/a da APA, e ademais ten vantaxes económicas para as familias, xa que poderán beneficiarse de descontos nas actividades extraescolares que organiza a Asociación, e tamén nas excursións que se fan puntualmente.
Sempre podedes atopar a algún membro da Xunta Directiva no horario de entrada e saída do centro. Tamén temos un teléfono de contacto, o 619594048, e unha caixa de correos para suxestións, situada na entrada que da ao patio de recreo. Interésanos moito a vosa opinión e calquera proposta que poida servir para mellorar a nosa labor, que en definitiva, debería ser a labor de todos e todas.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario